Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

Paxareando en Vilarbó

Paxareando en Vilarbó

Paxareando en Vilarbó

​Estes días de verán que Néboa Medio Ambiente está a pasar nas fragas de Eume, na área natural de Vilarbó, son días de contacto directo co noso entorno. Alí durmimos co son das rás ás beiras do río Eume, escoitamos as corzas ou as curuxas berrando no medio da noite, e temos ocasión de ver en vivo e en directo unha morea de animais da nosa fauna: martas, esquíos, saramagantas, sapos, ... e moitas aves que afotamos sempre que podemos. Ao final de cada verán nos facemos cunha boa colección de fotos que algún día escolleremos e expoñeremos, polo de agora vos deixamos aquí un par de fotos, esta dunha preciosa estreliña riscada…