Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

PAXAREANDO POLA COSTA

PAXAREANDO POLA COSTA

PAXAREANDO POLA COSTA

Onte pola mañá os membros da agrupación Andoriña fixeron unha quedada coa idea de achegarse e observar as aves dende o cabo Prior.

A primeira hora de mañá xa estabamos por alí e comezamos a xornada de observación, íamos con gañas de contemplar algún mascato pero o mar estaba moi calmiño e apenas poidemos máis que distinguir media ducia deles na distancia, botándose en picado dende o aire e adentrándose no mar para pescar. As observacións de Prior se limitaron ás gaivotas (algunha delas anillada, Isai que ten un ollo para isto impresionante descubreu unha anilla bermella na pata dunha gaivota, marcada co número 1C3:G, e nos informou que se trataba dunha gaivota que nos visitaba dende o País Vasco…. todo un mundo este das anillas) e aos corvos mariños encaramados nas rochas.

Despois nos desplazamos ata a praia de Sartaña e alí puidemos observar unha morea de paxaros, entre eles picas dos campos, lavandeiras ou rabirrubios.

A mañá rematou na lagoa de Doniños; alí, dende a caseta de observación - en pésimo estado de conservación por certo- observamos algúns parrulos e unha parella de mergullóns.