Os días sonlleiros do final de marzo e primeiros de abril, lle permitiron aos socios de Néboa Medio Ambiente movernos para afotar aves pola contorna, adicar tempo a encher comedeiros e descargar as fotos da cámara que temos instalada nunha caixa niño na área recreativa de Vilarbó.
Das aves afotadas estes días destacar o escribano nival e o peto formigueiro que afotou Simón no Forgoselo, e a parada dos cullereiros na ribeira de Neda no seu paso migratorio.
En canto á camara instalada nunha das caixas niño da área natural de Vilarbó levamos a agradable sorpresa de que nesta semana foi ocupada por unha parella de ferreiriños e xa temos as primeiras imaxes da confeción do niño e do incubado dos ovos.
Vos deixamos unhas cantas fotos do traballo destes días.



