Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

PAXAREANDO POLAS FORCADAS

PAXAREANDO POLAS FORCADAS

PAXAREANDO POLAS FORCADAS

Onte os paxareiros de Néboa Medio Ambiente aproveitamos a mañá de soleciño que tiñamos para dar unha volta polo encoro das Forcadas en busca de aves; na primeira parada que fixemos nos acompañaron varias parellas de parrulos comúns coa cabeza moi verde nos machos nesta época do ano que están xa emparellados para criar novos parrulos, media ducia de corvos mariños, e o que máis nos gusta observar por aquí os mergullóns, había unha parella de mergullóns cristados, moi lonxe para afotalos, pero que puidemos ver ben cos nosos prismáticos e telescopio, e tamén media ducia de mergullóns pequenos. Non faltaron as lavandeiras neste punto de observación, a común e tamén a real. Neste primeiro punto de observación tiñamos o sol de frente e soplaba un vento moi frío así que axiña nos movemos a un segundo punto de observación onde xa vimos algún parrulo máis, en concreto un parrulo chupón e un ánade rabudo, ademáis dunha curiosoa pelexa entre un grupo de corvos e un miñato na que pouco a pouco foron abandoando todos os corvos menos un que buscou pelexa ainda durante un bo rato.

No terceiro punto de observación seguiamos observando os parrulos e algún mergullón, pero tamén unha morea de pombos e moitos paxaros, especialmente confiados estaban os paporroibos e os ferreiriños bacachís polos que eu sinto especial predileción. Tamén nas Forcadas puidemos confirmar a chegada das andoriñas pois unha parella delas sobrevoou por enriba das nosas cabezas en varias ocasións.

Vos deixo coma sempre algunhas fotos da saída.