Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

PAXAREANDO POLAS FRAGAS DO EUME

PAXAREANDO POLAS FRAGAS DO EUME

PAXAREANDO POLAS FRAGAS DO EUME

Agora que as restriccións permiten desplazarnos un pouquiño máis, por fin poidemos reunirnos un grupo de catro socios da asociación para paxarear xuntos; esta vez escollimos o noso querido e adorado Vilarbó, un pedaciño de bosque de ribeira e fraga autóctona ás beiras do Eume, no concello de As Pontes.

A mañá estivo soleada e non se deu mal de todo, os cantos e reclamos dos paxaros nos acompañaron todo o camiño, vimos moito e o noso compañeiro Simón ata consigueu afotar varias das especies que estabamos a observar a pesares do vento e o movemento continuo dos nosos amigos. Poidemos ver corvos mariños e parrrulos sobrevoando o río, e nas polas dos bidueiros e os ameneiros atopamos unha morea de ferreiriños, tamén ferreiriños subeliños, estreliñas riscadas, pincaouros, ...

Unha mañá preciosa, nun lugar marabilloso ( eso que nos sorprendeu a enorme baixada de caudal no Eume despois da moita chuvia do mes de febreiro), en boa compaña e ben rodeados das nosas queridas aves da fraga do Eume.