Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

PAXAREANDO XUNTOS DE NOVO

PAXAREANDO XUNTOS DE NOVO

PAXAREANDO XUNTOS DE NOVO

​Onte os membros da agrupación ornitolóxica Andoriña retomaron o seu programa habitual de actividades despois do confinamento e despois do verán; tiñamos moitas ganas de vovlver percorrer xuntos os espacios naturais da nosa contorna en busca das aves propias de cada época e lugar así que onte programamos unha saída doble que comezou polas beiras do río Xubia e acabou na costa de Meirás e a lagoa da Frouxeira.

Dende o muíño das Aceas percorremos a beira esquerda do río Xubia en dirección á presa do Rei con dous obxectivos, afotar o merlo rieiro e tamén o martiño peixeiro; este último non o puidemos ver pero si que poidemos afotar un ratiño pequeno ao merlo rieiro que fixo as delicias dos nosos socios no pedaciño que puideron velo.

A media mañá nos pdesplazamos ao concello de Valdoviño, primeiro ao faro de Meirás coa idea de observar algún corvo mariño, alcatraz ou similares pero o vento era moito así que pouco paramos alí e axiña nos desplazamos cara a lagoa para ver se había por alí algo interesante. Desfrutamos vendo o grupo de galiñolas que se achegaron suficiente como para deixarnos velas a placer e afotalas con calma, e tamén tres mergullóns que andaban mesturados polo medio delas e continuamente aparecían e desaparecían diante de nós para mergullarse en busca de alimento.

Un boa mañá en boa compaña e rodeados de natureza¿