Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

PAXAROS DENDE AS NOSAS FIESTRAS

PAXAROS DENDE AS NOSAS FIESTRAS

PAXAROS DENDE AS NOSAS FIESTRAS

​O confinamento nos nosos fogares continúa pero máis alá das nosas casas a natureza segue o seu ritmo, a primavera segue a avanzar e os paxariños seguen a amosarnos estampas marabillosas que algúns temos a sorte de observar dende as nosas fiestras ou dende as hortas que rodean as nosas vivendas. Unha parella de rabirrubios teñen o niño xusto ao lado da miña casa, todos os días me ofrecen magníficas estampas e me deleitan cos seus característicos sons.