Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

PAXAROS E COGUMELOS… UNHA PONTE BEN NATURAL

PAXAROS E COGUMELOS… UNHA PONTE BEN NATURAL

PAXAROS E COGUMELOS… UNHA PONTE BEN NATURAL

Esta ponte do Pilar os membros de Néboa Medio Ambiente se trasladaron ás fragas do Eume para realizar as súas actividade.

Por unha banda aproveitamos o sábado para percorrer as fragas, coñecer os cogumelos da época, coller algúns (atopamos moito Cantharellus cibarius nesta saída) e cociñalos. Ademáis de preparar un magnífico arroz con cogumelos, aprendimos tamén a facer licor de C. cibarius e marmelo.

O domingo foi o día de centrarnos na observación de aves, o tempo non axudou moito porque unha lixeira choiva nos acompañou case toda a mañá pero con todo non faltaron os ferreiriños bacachís, os ferreiriños subeliños, as lavandeiras, a garza, os parrulos e o corvo mariño, e incluso unha marta á que non nos deu tempo de afotar, no noso percorrido polas beiras do Eume no seu tramo medio.