Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

PRESENTACIÓN DA EXPOSICIÓN DE AVES DO CONCELLO DE NEDA

PRESENTACIÓN DA EXPOSICIÓN DE AVES DO CONCELLO DE NEDA

PRESENTACIÓN DA EXPOSICIÓN DE AVES DO CONCELLO DE NEDA

Hoxe pola mañá, na Casa das Palmeiras de Neda, tivo lugar o acto de inauguración da exposición fotográfica que recolle o traballo da agrupación ornitolóxica Andoriña nestes últimos anos no concello de Neda.

Polas restriccións da covid-19 a  presentación foi un acto sinxelo que contou coa presencia de membros da agrupación ornitolóxica e da asociación Néboa Medio Ambiente, coa presencia de dúas representantes da corporación municipal, e con algúns veciños de Neda que nos quixeron acompañar no arranque da exposición.

A mostra fotográfica, repartida nos dous andares da Casa das Palmeiras, recolle unha boa mostra das aves máis frecuentes na ribeira de Neda, ás beiras do Belelle e os campos e hortas do concello.

Permanecerá aberta dende hoxe ata o vindeiro día 24 de abril, de 17:30 a 20:00 de luns a venres, e de 11:00 a 13:30 os sábados.