Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

QUEDADA VIRTUAL

QUEDADA VIRTUAL

QUEDADA VIRTUAL

​Como as restriccións por mor do coronavirus na comarca de Ferrolterra e arredores nos impiden facer as habituais xuntanzas de fin de semana do grupo Andoriña este fin de semana quixemos recuperar as saídas pero de xeito individual, así que acordamos que cada un dos membros da agrupación escollera un lugar da súa contorna na que facer observación de aves e compartir polo wats ap do grupo e pola web da entidade as observacións realizadas.

Aquí van as primeiras fotos desta quedada, neste caso as de María que a pesares do vento da xornada de hoxe se achegou ata a lagoa de Doniños para ver que atopaba por alí. Arredor dunha ducia de alavancos reais que se resgardaban do vento no fondo da lagoa, xunto a elas unhas oito fochas, algunha gaivota e un par de corvos mariños. Tamén unha garza real e catro aves rapaces que voaban a grande velocidade por enriba da lagoa picando continuamente dende o ceo á superficie da auga (gabiáns?). Os ameneiros arredor da lagoa xa estaban frorecidos. As fotos non teñen ningunha calidade pero son unha mostra do percorrido realizado.