Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

QUENTANDO MOTORES

QUENTANDO MOTORES

QUENTANDO MOTORES

Despois dun verán moi intenso do que desfrutamos moito na área natural de Vilarbó, e de descansar un pouquiño nos últimos días de agosto, Néboa Medio Ambiente volve ao traballo, na oficina retomamos a actividade e xa estamos preparando algunhas compras que van contribuír ao traballo de ornitoloxía que habitualmente desenvolvemos e das que en breve vos informaremos, estamos a organizar as seguintes actividades para os socios e  estamos traballando tamén no deseño dunha nova unidade didáctica, esta vez adicada ás aves; fora da oficina temos a Simón controlando os espazos naturais da comarca, atento a calquera novedade ornitolóxica que xurda, e estes días en busca de cervos que afotar e dos que grabar eses bramidos tan característicos desta ápoca. Á espera desas fotos deixo aquí as últimas imaxes recollidas na cámara de Simón nestes días pola costa ferrolá.