Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

QUERES SER VOLUNTARIO MEDIO AMBIENTAL NAS FRAGAS DO EUME?

QUERES SER VOLUNTARIO MEDIO AMBIENTAL NAS FRAGAS DO EUME?

QUERES SER VOLUNTARIO MEDIO AMBIENTAL NAS FRAGAS DO EUME?

Hai máis de vinte anos que Néboa Medio Ambiente, en colaboración coa Escola de Tempo e Aire Libre Néboa, trae voluntarios de todo o mundo a traballar nas fragas do Eume. Os voluntarios medio ambientais facemos un traballo de formiguiñas  coidando das fragas como o facían os nosos antergos, retirando o lixo que traen río abaixo as augas do inverno e queda depositado polas beiras do río cando baixa o caudal, plantando a man, con mimo e agarimo árbores autóctonas das que sempre houbo na zona, que medran amodiño pero  que vemos medrar un pouquiño cada ano,   das que cortamos os chupóns que nacen arredor da árbore principal para acadar unha árbore que medre grande e forte, …   Os voluntarios ambientais que veñen a Vilarbó cada ano temos o enorme provilexio de poder durmir doce días seguidos en plenas fragas do Eume, rodeadados de curuxas, martas, corzos, raposos e ras… un auténtico luxo¡¡¡¡ Ao mesmo tempo teñen a oportunidade de coñecer outros xoves procedentes de distintas partes de Galicia, de España e incluso doutras partes do mundo e compartir con eles doce días nos que ademáis de traballar polo medio ambiente, tamén disfrutan da realización de actividades deportivas en plena natureza, e tamén a oportunidade de coñecer a cultura galega e  as festas patronais en As Pontes.

Neste mundo en crise, tamén o voluntariado ambiental está en crise; cada vez son menos o número de xoves que se animan a facer voluntariado, e dende aquí me gustaría hoxe reviindicar a figura do voluntario ambiental nun entorno tan ameazado como é o das fragas do Eume, queimadas hai anos ante a sorpresa de todo o país que veu nos telediarios as imaxes dun lume debastador que arrasou unha parte importante do parque natural; que está a coñecer nos últimos veráns episodios de secas e contaminacións inconcebibles e incompatibles coa lexislación medio ambiental que hoxe protexe estes espazos naturais.

Na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude (xuventude.net ) tedes toda a información sobre os campos de traballo que cada ano se organizan en Galicia, que sempre fou unha comunidade autónoma líder na organización deste tipo de actividades con fins sociais, animádevos a ser voluntarios, a traballar pola mellora do medio ambiente que nos rodea, e a formar parte do grupo de voluntarios que cada ano veñen a Vilarbó a traballar polas fragas do Eume.