Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

RECOLLIDA DE TAPÓNS

RECOLLIDA DE TAPÓNS

RECOLLIDA DE TAPÓNS

Como parte do programa de educación ambiental que Néboa Medio Ambiente desenvolve ao longo do ano está sempre a promoción da reciclaxe e a recollida selectiva do lixo; procuramos concienciar a os socios e participantes nas actividades da entidade da importancia de aplicar no seu día a día a LEI DAS 3Rs, reducir o consumo de produtos que non son imprescindibles e sobre todo aqueles  fabricados en plástico ou envoltos con plásticos, reciclar o lixo que habitualmente producimos nos fogares e reutilizar sempre que sexa posible antes de tirar.

Tanto no transcurso das actividades de Néboa como nos locais que empregamos para as nosas actividades sempre facemos recollida selectiva do lixo producido, e se podemos ir máis aló damos un pasiño máis para colaborar con entidades da comarca que organizan campañas de recollida de tapóns para axudar ao propio mantemento das entidades e a nenos e nenas afectados de graves enfermedades.

Vos deixamos algunha foto dunha estructura metálica marabillosa instalada no paseo marítimo de Narón a instancias do colexio do Feal e o concello de Narón a onde acodimos con frecuencia para baleirar os tapóns recollidos na entidade e para animarvos a contribuír a este tipo de campañas ao tempo que axudamos á saúde medio ambiental da nosa contorna.