Esta pasada fin de semana, aproveitando o bon tempo, os membros de Andoriña encamiñáronse ás fragas de Vilarbó para desfrutar dun fin de semana de ornitoloxía.
O sábado saímos con prismáticos e cámaras buscando paxariños, a tarde solleira prestaba pero o vento frío dificultaba a visión das aves enriba das árbores, o vento movía moito as polas, e a fotografía foi difícil; de feito poucoas fotos quitamos esa tarde. No transcurso da tarde poidemos ver ferreiriños subeliños, farreiriños comúns , ferreiros bacachís, paporrubios comúns, paporrubios reais, escribentas, …
O domingo pola mañá nos encargamos de renovar a comida que deixamos nos comedeiros que temos colocados na zona e revisamos o estado das caixas niño que temos nas inmediacións dos comedeiros para asegurarnos de que neste mes de febreiro estea todo dispoñible para as aves que precisen alimento ou acobillo. As caixas e comedeiros foron colocadas polos voluntarios do campo de traballo de medio ambiente que todos os veráns se realiza na áea natural de Vilarbó da man da asociación Escola de Tempo e Aire Libre Néboa, e os voluntarios de Néboa Medio Ambiente se encargan do seu mantemento ao longo do ano. Tamén vos deixamos fotos.
Animádevos a saír por entornos tan marabillosos como as fragas do Eume, xa sexa pola zona de Caveiro, pola Capela, ou por As Pontes, realmente merecen a pena, e se levades con vós un par de prismáticos sempre hai algún paxariño que observar e co que sorprendervos.
Un saúdo natural para todos e todas.