Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

REVISIÓN DE COMEDEIROS E CAIXAS NIÑO EN ABRIL

REVISIÓN DE COMEDEIROS E CAIXAS NIÑO EN ABRIL

REVISIÓN DE COMEDEIROS E CAIXAS NIÑO EN ABRIL

Os voluntarios de Néboa Medio Ambiente aproveitaron os festivos da semana santa para volver revisar os comedeiros de aves repartidos pola fraga de Vilarbó, os días sonlleiros nos diron unha magnífica xornada que adicamos a revisar cada unha das caixas niño colgadas na zona e encher de comida os comedeiros situados nas súas proximidades que xa estaban completamente baleiros dende a última revisión en marzo. Unha das caixas niño estaba tirada, fixo moito vento no temporal de finais de marzo, e tres da caixas niño estaban xa ocupadas o cal nos fixo moita ilusión. Nas tarefas de hoxe contamos coa colaboración de varios voluntarios de Néboa, entre eles a nosa socia máis noviña, Sara, que con só tres anos xa se animou a subir á escaleira e deixarlles comida aos paxariños. Bravo por Sara!!!!