Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

SAÍDA POR ARES, MANIÑOS E VALDOVIÑO

SAÍDA POR ARES, MANIÑOS E VALDOVIÑO

SAÍDA POR ARES, MANIÑOS E VALDOVIÑO

Onte aproveitamos a solleira mañá de domingo para facer xuntos unha saída da agrupación Andoriña; a verdade é que os membros da agrupación estamos un pouco liados traballando na asociación e xa levabamos case un mes sen saír a paxarear así que onte tomamos dirección Ares, O Seixo e Maniños e alí fixemos as primeiras observacións; non faltaban as garzas, as garcetas, os corvos mariños pero todos anadabamos en busca dos primeiros mergullóns da tempada e efectivamente puidemos velos, apenas un par deles e moi lonxe pero no porto do Seixo se deixaron ver un bo pedazo. Os carráns tamén nos deixaron afotalos a placer e ata un ostreiro poidemos observar na praia de Ares.

Logo nos encamiñamos á lagoa de Valdoviño, que estaba ben cheíña por certo, e onde atopamos un bo grupiño de fochas, parrulos (reais, frisos, parrulos chupóns, …), algún mergullón pequeno…. tiñamos un aviso de que andaba pola lagoa un parrulo cristado (Aythya collaris) e con axuda de prismáticos, cámaras e telescopios pasamos un ratiño na súa busca sen moita fortuna pero gracias a Juan Pita-Romero que tamén andaba aproveitando a mañá pola lagoa non nos fumos sen velo, pois o tiña afotado na súa cámara do día anterior e comparteu moi amablemente con nós as súas observacións.

Unha mañá de domingo moi ben aproveitadiña! Comparto algunhas fotos da xornada con todos vós, a maioría do noso compañeiro Simón Bellas que con diferencia é o mellor de todos nós para isto da cámara, bueno, descontando a Isai Ogando que leva no sangue a da fotografía de aves e que na última parada pola zona de Meirás afotou algunha pica e unha preciosa papuxa montesa.