Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

SORPRESA NO PEIRAO DO PUNTAL

SORPRESA NO PEIRAO DO PUNTAL

SORPRESA NO PEIRAO DO PUNTAL

Hai xa quince días, o noso compañeiro Simón tivo a sorte de quitar estas fotos que vos deixo agora; a min dende logo me parecen unhas fotos preciosas. nelas podedes ver algunhas píllaras cincentas e mazaricos rabipintos, os dous con plumaxe estival, peito e ventre negros no caso das píllaras, e a cabeza, o pescozo e as partes inferiores castañas arrubiadas no caso dos mazaricos. Outros mazaricos e as píllaras reais tamén se deixaron afotar. Simón levou unha sorpresa cando atopou este grupo tan numeroso de píllaras e mazaricos e os compañeiros de Néboa quedamos encantados vendo as súas fotos que el sempre nos deixa compartir por aquí con todos vós.