As festas de nadal viñeron acompañadas dun tempo magnífico así que os socios de Néboa aproveitaron estes días para festexar coa familia pero tamén para dar os seus últimos e primeiros paseos ornitolóxicos do ano e cámara en man tiveron a oportunidade de afotar aves habituais na nosa contorna como as garzas e os cormoráns, pero tamén algunhas novedades que nos primeiros días do ano nos visitaron.
Vos deixamos un par de fotos curiosas da garza real e o corvo mariño na ría de Neda, curiosas porque recollen as dúas aves á vez, nunha delas coa garza un pouco enfadada co corvo que a merodeaba.
A continuación algunhas fotos na lagoa de Valdoviño o 25 de decembro pola mañá, cun marabilloso día de sol no que poidemos observar a presencia dunha femia mergo trullo, ou en castelá unha serreta grande (Margus merganser) e dalgún mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis).
Mentras uns socios de Néboa Medio Ambiente andaban ás aves, outros atoparon un momento para dirixirse ás fragas do Eume en busca dalgún cogumelo pero apenas atoparon máis que unhas poucas gulas de monte (Chantarellus tubaeformis) eso sí, desfrutaron da marabillosa paisaxe do río Eume ao seu paso pola área natural de Vilarbó nesta época do ano.