Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

UN ANO MÁIS CELEBRAMOS O DÍA DAS AVES CON VÓS

UN ANO MÁIS CELEBRAMOS O DÍA DAS AVES CON VÓS

UN ANO MÁIS CELEBRAMOS O DÍA DAS AVES CON VÓS

Sabedes da paixón de Néboa Medio Ambiente polo mundo das aves, unha paixón que nos anima a aprender cada día un pouquiño máis sobre elas, a saír a observar e afotar aves sempre que podemos, a coidar das aves con pequenas accións como a colocación de caixas niño na área natural de Vilarbó (As Pontes) ou o recheado periódico dos comedeiros de aves repartidos nas inmediacións das caixas niño de Vilarbó, ou a deseñar e editar diversos materiais didácticos relacionados coas aves. Precisamente niso andamos estes días, por unha banda estamos traballando na edición dunha unidade didáctica adicada ás aves que nun meseciño esperamos que vexa a luz, e por outra estamos mellorando os materiais de observación para coñecer mellor as especies máis habituais nas fragas do Eume cun hyde de observación e coa adquisición dunha cámara de fototrampeo e unha cámara para grabar no interior dunha caixa niño que en breve poñeremos en marcha e das que vos deixamos un par de fotografías. Tanto unidade didáctica como cámaras, son posibles gracias ás axudas da Deputación da Coruña en materia de medio ambiente.

Moi bo día das aves para todos!!!