Dende o 19 de xuño, unha morea de voluntarios de Néboa Medio Ambiente trasladan a súa residencia á area natural de Vilarbó para colaborar coa Escola de Tempo e Aire Libre Néboa nas acampadas intermunicipais na natureza, no campo de voluntariado de medio ambiente e no campamento de discapacitados asesorando na adopción de hábitos respetuosos co entorno, promovendo campañas de recollida selectiva e de sustitución de productos de limpieza e hixiene perxudiciaciais para a natureza por outros máis ecolóxicos; tamén nos encargamos do deseño das actividades dos obradoiros de medio ambiente que desenvolven os campistas e voluntarios do campo en Vilarbó e dos roteiros polas fragas do Eume que realizan. O asesoramento nos traballos do campo de voluntariado é outra das actividades das que se encarga Néboa Medio Ambiente.
A chegada a Vilarbó neste ano foi triste pois nos atopamos un río Eume moi por debaixo do seu caudal habitual e na data na que vos escribo, unha fraga estresada pola sequía na que xa empezan a caer as follas das árbores.
O transcurso da campaña de verán está a ser moi intensa, se suceden os grupos de campistas e voluntarios e as actividades con eles e o tempo para escribir un pouco na nosa web é escaso, pero o bon sabor de boca que nos deixa a o traballo feito é realmente fantástico, sobre todo o traballo de campo realizado: as plantacións de árbores autóctonas, o desbrozado dos terreos plantados en anos anteriores, as caixas niño limpadas e reparadas, os comedeiros de aves recheados, …