Durante as vacacións de verán, os voluntarios de Néboa Medio Ambiente non paramos nin un segundo, como moitos xa sabedes, pasamos o noso verán na área natural de Vilarbó, en plenas fragas do Eume. Aquí o mes de xullo pasou voando, atendendo os obradoiros de medio ambiente dos campamentos que a Escola de Tempo e Aire Libre Néboa leva máis de 30 anos realizando, atendendo os roteiros de sendeirismo que fan tanto os nenos e nenas dos campamentos coma os voluntarios do campo de traballo de medio ambiente, asesesorando as labores de desbrozado e plantación que fan estes voluntarios que veñen de toda España a facer traballos de mellora ambiental nas fragas do Eume, e colaborando co campo tamén na elaboración dun observatorio de aves dende o cal poder facer un mellor seguimento das aves máis frecuentes nesta zona das fragas.
Vos deixamos por aquí algunhas fotos destas actividades que tanto desfrutamos facendo en plena natureza, na beiriña do río Eume.

