Unha das cousas que máis nos gusta facer en Néboa Medio Ambiente é deseñar materiais didácticos centrados na nosa contorna, en Néboa Medio Ambiente somos sobre todo, educadores ambientais e se hai algo que vimos facendo dende os nosos inicios e que seguimos facendo é adaptar xogos tradicionais ou xogos moi coñecidos por todos e convertilos en xogos con temática medio ambiental, e ademáis relacionados coa flora e fauna que nos rodea cada día.
Gracias á colaboración da Deputación da Coruña este ano poidemos facer realidade un vello soño, facer materiais de calidade que poidamos empregar os educadores ambientais de Néboa Medio Ambiente nas nosas actividades (na escola de natureza, na agrupación ornitolóxica, nas visitas a espazos naturais con escolares, nos campamentos e campos de traballo, …).
Nesta ocasión deseñamos xogos que levamos facendo toda a vida con materiais caseiros e pouco resistentes á terra e a humidade do campo e as follas dos bosques ou as beiras dos ríos, pero con materiais duradeiros e con imaxes de calidade; estamos a punto de estrear tres xogos adicados ás aves e ás árbores da nosa contorna en forma de twister (ainda que nós preferimos chamAlo PISADAS NATURAIS), DE PANO MEDIO AMBIENTAL e de memorys (para nós, PARELLA A PARELLA).
Non vos imaxinades a ilusión que nos fai poder presentar estes novos materiais didácticos da asociación Néboa Medio Ambiente!!!!!!