Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

PAXAREANDO POLA LAGOA DE VALDOVIÑO, O SEIXO E O RÍO XUBIA

PAXAREANDO POLA LAGOA DE VALDOVIÑO, O SEIXO E O RÍO XUBIA

PAXAREANDO POLA LAGOA DE VALDOVIÑO, O SEIXO E O RÍO XUBIA

O pasado sábado pola mañá, algúns membros da agrupación ornitolóxica Andoriña, que funciona dentro da asociación Néboa, dirixiron os seus pasos hacia Valdoviño, pola mañá cediño, para aproveitar ben a mañá.

Nada máis achegarnos á lagoa cunha mañá case primaveral a pesares de estar en febreiro, xa atopamos un grupiño de cullereiros comúns (Platalea leucorodia) que fixeron as nosas delicias, se deixaron afotar canto quixemos. Os cullereiros teñen a plumaxe blanca, e longas patas coas que se desplazan pola lagoa ao tempo que meten o seu característico peteiro na auga en busca de alimento, básicamente pequenos crustáceos, moluscos e peixes. 

Tamén puidemos observar un numeroso grupo de cercetas, sobre sesenta exemplares, ademáis de varias garzas e garzotas,  corvos mariños e gaivotas varias, entre elas as gaivotas choronas - algunhas xa adornadas coa cabeza negra para atraer ás femias coas que emparellar para reproducirse- e un mergullón esquivo que se deixaba ver a ratos cando ascendía á superficie.

A o mediodía nos trasladamos a o porto do Seixo pero a cousa por alí estaba pouco animada, algunhas garzas  e un par de carráns pousados en sendas boias. Pouco paramos.

Nos trasladamos despois ao río Xubia, camiñando pola súa beira en dirección á Presa do Rei. Polo camiño atopamos unha morea de sinais da primavera adiantada deste mes de febreiro: ameneiros cargados de amentos colgantes, violetas, prímulas, narcisos e xacintos silvestres, … Camiñamos augas arriba coa idea de afotar algún merlo rieiro pero só puidemos observalo voando a rentes da auga e non puidemos quitarlle ningunha foto. No seu lugar, un par de lavandeiras reais voaban, pousaban, volvían voar, pousar, …. e tivemos tempo de observalas un bon cacho e afotalas pero xa se sabe que non paran quietas e é difícil obter imaxes delas de certa calidade.

Coma sempre vos deixamos algunhas fotos do marabilloso día de observación ornitolóxica!!!