Os nosos compañeiros, Simón e Gabriel, acaban de pasar un fin de semana polos humidais de Villafáfila (Zamora) xunto a outros ornitólogos da comarca de Ferrol e estes días están a compartir cos compañeiros da asociación Néboa Medio Ambiente as observacións realizadas e as fotografías que puideron facer na saída a pesares da choiva que os acompañou, na asociación estamos especialmente namorados das fotografías das avocetas, as avefrías e o abellaruco, aves que poucas veces observamos os aficionados que nos movemos polo entorno da comarca ferrolá. Moitas grazas a simón e Gabriel por compartir con nós as súas fotografías e experiencias de observación.
